¿AVANZAR?
Nin PSOE, nin PP, avaliaron o estado da autonomía. O seu foi un enfrascamento, centrado na loita polo poder en Madrid. Pouco ou nada se falou do desmadre nas listas de espera do Sergas, dos recortes sociais, do despilfarro do goberno Feijoo, do paro, da emigración; ese fenómeno, mérito de Feijoo, segundo o cal os galegos emigran acuciados polo paro e a fame. Mentres Europa afianzase no estado benestar; a Xunta de Feijoo súmenos na pobreza. Cun cuarto da poboación en estado de necesidade. Ese é o modelo de goberno exitoso que quere presentar o PP, co aval, nas municipais. O grave será que alguén lles crea ós señores feudais, ós caciques do PP, ós que pretenden pra Galicia un lugar medieval, cun goberno clerical.
0 comentarios