COCHES
Aquela imaxe cutre de Rueda, amosando os Audis do Parque Móbil, pra xustificar aquela campaña despiadada, acusando ó bipartito de instalarse no luxo con 20 Audis, dos que 18 foran adquiridos por Fraga, deu paso a denuncia de que a metade dos cargos LD da Xunta utilizan coches do Parque Móbil pra uso particular. Todo acreditado con documentación gráfica, non en rumores, como nos ten acostumbrados o PPg. Feijoo, na súa austeridade, mercou un milleiro de coches pro Parque Móbil; xa se ve o uso que lles está dando. O despilfarro do goberno Feijoo atopa o contrapunto nos recortes do gasto social. Algún concesionario ponse cheo.
0 comentarios