TODO ESTÁ EN PERIGRO
Feijoo chegou ó poder coa alianza de todos os que viron na orde legal un obstáculo pros seus intereses. Os das enerxías renovables foron os que mais loitaron, ata que conseguiron que Feijoo tumbara o decreto do bipartito e abrira un novo proceso favorable os seu interese. As granxas de cultivos mariños non admiten espazos protexidos pra elas todo o mar é seu. Os que aspiran a facer dos servizos públicos un negocio, viron que Feijoo podía ser un aliado. Ás empresas de construción afiaron as uñas, porque a adxudicación directa, sen ter en conta os custos, sería un bocado apetecible. Os de ideoloxía da extrema dereita, ansiosos de impor a súa filosofía, necesitaban un poder político favorable os seus prantexamentos, e pra elo, nada mellor que quen se criara no opus. Intereses comerciais e empresas diversas, viron que se lles podía abrir un lucrativo negocio e arrimáronse ó banquete. A cousa merece unha consideración individualizada. Falaremos do goberno.
0 comentarios