AS RENOVABLES E Ó PODER
As concesión pra explotación de enerxías renovables é un gorentoso negocio; tanto polo beneficio que a explotación da enerxía lles reporta ós titulares como polas importantes axudas que concede o Estado.
A veces unha imaxe vale mais que mil palabras. Fala por si sola a foto do presidente de IBERDROLA abrazando con furor a Feijoo na praza do Obradoiro.
IBERDROLA vía en perigo os proxectos de minicentrais cos quere sementar Galiza; pra iso precisaba dun goberno, que non poña reparos éticos ou ecolóxicos.
Mais escandaloso foran as concesións eólicas, pro que tiveron que derroga-las concesións anteriores e, con toda a cara, outorgaron concesións a empresas dos medios que lles axudaron a chegar ó poder e a empresas creadas pro caso, vinculadas ó PP.
As Indemnizacións, ós que alegremente expropiaron as concesións, aínda non poden cuantificarse, pero serán moi elevadas; teremos que as pagar a escote; o mais xusto houbera sido que as pagaran os irresponsables que orixinaron a desfeita, e dicir Feijoo e Guerra, ou os que os votaron; pero repetiran o consabido mantra e os incautos creranlles.
Tanto os empregos como as prometidas inversións van a quedar lonxe do anunciado. Incluso a inversión estrela da planta de lixo xa está no aire. Isto é solo o comezo.
0 comentarios