S-696 E AS MUNICIPAIS
Non é un número da besta, pero case, é a clave baixo a que na Consellería de Traballo agochan os datos reis do paro.
O paro foi unha das promesas estrela de Feijoo. Unha das moitas que non cumpriu; de feito, fora o acoso á cultura galega, non cumpriu ningunha promesa. A Conselleira de Traballo, mais coñecida pola Conselleira do Paro, non facilita os datos reais do paro. O feito é dunha significación e dunha gravidade extrema; mais tendo en conta que foi unha promesa estrela de Feijoo. Ia acabar co paro en tres meses , e agora está desmadrado. Iso non é óbice pra que os peperos o usen como un mantra e, con todo o morro, o presenten como un logro do bo goberno de Feijoo e o saquen na campaña das municipais, pero dándolle o carácter dunha promesa electoral; como si a política de emprego fora de competencia municipal
0 comentarios