CHANTAXE MFIOSO
Feijoo recorre á chantaxe pra minimizar calquera crítica do PSOE a membros do goberno galego. Co obxecto de evita-las críticas a calquera membro do goberno galego, Feijoo ameazou a oposición con comisións de investigación. Non é a primeira vez que Feijoo recorre á chantaxe, e saben que cumpre certas promesas. No pasado, el e o Superconselleiro ameazaron a Pachi Vázquez con derrubarlle á casa que ten en San Amaro; mandáronlle os inspectores de Vivenda á casa co obxecto de atopar irregularidades. As xuventudes peperas chegaron a rodearlle a casa e bloquea-la entrada, pra intimidalo. Todo pra que non fixera preguntas incómodas no Parlamento. O candidato a alcalde do PP pola Arzúa, que era director da emisora municipal da Arzúa, intentou venderse o alcalde; agora vai de candidato do PP. Non estamos en Sicilia, estamos en Galicia, pero os xeitos son moi similares. A chantaxe estase a converter en algo corrente na telegaita; pero o de Rajoi pedindo, esixindo e logrando o cese do director do diario HOXE, porque lle descubriu que paseara nun barco dun famoso contrabandista; da idea da degradación e baixeza da política do PP e do perigo que corren as liberdades
0 comentarios