¿DE QUE SE FALA?
É o primeiro mitin de cara as eleccións municipais. O lugar é o idóneo, na cidade da Coruña. O público actúa como si se atopara baixo dun poderoso feitizo; unha atmosfera electrizante e uns seareiros enfebrezidos; Feijoo fala das eivas de Zapatero, Negreira da terceira roída, pero ningún deles do goberno municipal. Noutros mitins os candidatos prometen reduci-lo paro, repetindo a promesa estrela de Feijoo. Feijoo promete austeridade e apela os seus dous anos de goberno, facendo un panexírico do seu goberno, que nada ten que ver coa realidade. Promete austeridade quen triplicou, en dous anos de desgoberno, a débeda, multiplicou a burocracia, creando novos chiringuitos, reducindo aqueles que considerou ideoloxicamente perigosos, pero sen atender a criterios económicos e de eficiencia, creou novas unidades administrativas: como as Superdelegacións, cuxa esencial función é controlar politicamente a administración periférica; mudou de nome as delegacións das Consellerías, pero mantendo a súa organigrama interna e os gastos. Simula suprimir Consellerías; no fondo fai unha reorganización pra poñelas baixo un mando da confianza do sector pontevedrés, e mantén as estruturas territoriais. O gasto de funcionamento da Administración Autonómica sufriu un incremento do gasto, en conxunto, do 7%. Pódese da-la cifra de mais de mil duascentas persoas que colocou a dedo; sen contar as achegas de Baltar. De qué se fala, terá varias entregas
0 comentarios