DE QUÉ SE FALA
Por suposto dos logros de dous anos de desgoberno, amiguismo, corrupción, clientelismo, etc. Eu chamaríalle o segundo ano de embustes. Non se fala do desemprego, promesa estrela, que a mataron, e que agora a resucitan no ameto local. Non se fala dun fenómeno que se consideraba superado, pero que agora con Feijoo volveu, o da emigración, Miles de galegos teñen que emigrar a outras autonomías con mais dinamismo económico, ou ó estranxeiro, como en tempos que desexaríamos esquecer. Non se fala de que a metade dos dependentes seguen sen axuda, aínda que a Conselleira do paro di que resolve mai solicitudes de dependes das que lle chegan, será que algún enchufado dos implicados na operación Orquesta cobra mais dunha prestación; de aí que conceda, segundo a Conselleira, mais prestacións das que se solicitan. Non se fala de que o brutal endebedamento non foi pra inversións, senón pra transferencias a concellos amigos, mocións de censura e todo o que axudara a conserva-lo poder.
¿De que falarán os Deputados autonómicos pra convencer ós votantes de que a Xunta o fai ben?
0 comentarios