PACTO DE INFRAESTRUCTURAS
O superconselleiro está pesimista. ¿Qué lle pasa ó Superconselleiro?. Non Cree que Galicia teña o AVE rematado na data prevista; esa posibilidade prodúcelle un proído que lle da malvivir. Eu estou de acordo con el; aínda que o mellor non coincidamos de todo. O AVE a Galicia é un empeño do Ministro de Fomento, un galego que se converte nunha excepción. Ningún galego Ministro inverteu tanto en Galicia. Si o PP gaña as eleccións, cousa que é previsible, a construción do AVE paralizarase; non sei que razóns buscará o PP pra facelo, pero seguro que o fará. Así que a todos nos urxe presa coa obra. Como adianto do que pasará está ese intento de que Feijoo asumira un pacto similar polas infraestruturas a nivel autonómico. Feijoo deu un pase de verónica e o ofrecemento era un pacto no que el era protagonista e xuíz, con posibilidade de modifica-lo pacto a súa conveniencia
0 comentarios