A REDE NATURA AGARDA
Non creo que surta moitos milagres a premura da CE á Xunta pra que defina a protección da Rede Natura. Feijoo ten todo o territorio a disposición dos especuladores. Non se pode chamar doutro xeito, cando o obxectivo esencial é a especulación, o que queda patente co freo das inversións anunciadas polas empresas que se debecen por estas zonas, diante do desplome do mercado inmobiliario. Non hai alternativa, os bonsais teñen que colgar do pau maior.
0 comentarios