PROMESA GASTADA
Rematar co paro pasou a ser unha promesa común a tódolos partidos, sabedores da magnitude da traxedia. O paro é unha preocupación de primeiro nivel; pero que credibilidade pode ter na boca de quenes provocaron a crise, ou na de aqueles que xa prometeran o mesmo con anterioridade, co resultado que xa sabemos. Eu penso que a única promesa real é colle-lo asento, co que automaticamente eles saen das listas do paro . Estes brindis ó sol, este tipo de promesas, feitas sen que realmente as asuman, é xogar coa necesidade dos desesperados. Un primeiro paso pra que os cidadáns non crean nas promesas electorais.
Diariamente pecha una empresa en Galicia. Así as cousas, tranquiliza pouco as promesas do pequeno presidente cando ten demostrada unha desidia, ou ineptitude, pra poñer freo á sangría do paro.
0 comentarios