A TALLA DO PRESIDENTE
O Delegado do Goberno, O Sr. Cortizo, deu por concluído o período de cortesía e, cheo das impertinencias do pequeno Presidente, fai un aserto pouco cortes; di del, que ten pouca talla cultural e que xa non ten idade pra abaixarse o seu nivel, porque ten medo a lesiona-la columna. As palabras de Cortizo son fortes, pero a fachenda, cunha dose de cretinismo, do Presidente faise difícil de soportar. As persoas ignorantes non son conscentes do seu límite e do rídiculo que fan. Lembro as súas viaxes polas distintas Autonomías intentando venderlles o seu invento do bilingüismo armónico. Do ridículo que fixo en Cataluña fíxome sentir unha inmensa vergoña de ter un Presidente tan pouco avisado; do mesmo xeito, tamén lembro a cara que poñían na Lendekariza, cando o seu viaxe ó Pais Vasco. O mais, do mais, foi a viaxe ó Principado, onde rompeu moldes. Por sorte, dende Xénova puxeron algo de sentido e os disparates remataron. Segue recluído no seu feudo galego, e non me estrañaría que, chegado o momento o PP cancele a obra do AVE, pra que siga illado nesta esquina.
0 comentarios