O PEQUENO PRESIDENTE
Dicía un home da miña aldea, baixo de estatura, que os homes solo eran homes dos ombros pra riba. Por iso, a talla de Feijoo solo é avaliable o que ten riba dos ombros, que a xuízo do Delegado do Goberno non é de moita valía.
Polos pasillos de Monte Pío camiña o noso presidente mirando de reollo o retrato de Touriño, de gana o pisaba, por ocupar aquela austera vivenda no pasado. Mais, aínda que resulte paradóxico, o que mais lle desacouga é o retrato de Fraga. Cando se mira n o espello, créndose mais grande que Fraga, o espello devólvelle unha imaxe minguada, dun anano arrugado. De pouco lle serve poñerse na punta dos pes fronte o retrato de Fraga, adoptando a postura dun galo kirico, pra semellar mais grande que Fraga; el pasará, pensa, a historia, o deixar pegada do seu paso. Non en balde, o concepto de Galicia Única, coa imposición de principios fascistas e a crispación social, son logros seus; pola contra Fraga coa obsesión por acada-lo mellor pro Pais, esqueceuse de crear un Estado ideolóxico coma o que el pretende. A obsesión con Fraga tivo un momento cómico; cando no discurso de investidura simulou emocionarse como lle pasaba ó león de Vilalba.
0 comentarios