BERROS DE LIBERDADE
O Bardo Cunqueiro pedía mil primaveras mais pras letras galegas; aquel Bardo fabulador non podía imaxinar, que pouco despois do seu pasamento, as letras galegas vivirían o seu día grande inmersas nun estado de excepción.
No día de mañá multiplicaranse por toda Galicia, e fora de Galicia, os actos de reivindicación. Non é, a data do dia das Letras Galegas, unha data festiva coma as anteriores, é a data na que miles de gorxas berran desesperadas, pedindo á liberdade.
Ter superado a –Longa noite de pedra-, da que falaba Celso Emilio, parecíanos que xa a cultura milenaria de Galicia se atopaba vacinada contra tódalas adversidades. Nade podía presumir que un día chegaría ó goberno da Xunta un malvado inquisidor, emulador de Torquemada, que perseguiría con especial saña a cultura galega coa intención de facela desaparecer, deixándoa reducida a un vestixio pros curiosos. O Goberno Autonómico que debía ser protagonista da conservación da cultura galega convertese no perseguidor e asasino do noso idioma. O mesmo que Deus derrubou do cabalo a Saulo cando perseguía ós cristiáns, o pobo galego ten que derrubar a este trilero farsante que nos desgoberna.
Non está demais recorda-lo artigo 5-4 do Estatuto de Autonomía, segundo o cal: Os poderes públicos de Galicia garantiran o uso oficial e normal dous dous idiomas e potenciará o emprego do galego en tódolos planos da vida pública cultural e informativa, e disporán os medios necesarios pro seu coñecemento.
O día das letras galegas deste ano está dedicado Lois Pereiro; posiblemente, sen propoñelo, sexa un gran acerto; porque é un exemplo do esforzo en grupo; que é o que mais necesitamos hoxe os galegos pra enfrontarnos a Atila.
0 comentarios