ATOPAR UNHA RAZÓN
O protagonismo de Feijoo na campaña das municipais produce curiosidade; unha curiosidade que nos move a atopa-las razóns de tan desmedido protagonismo. Unha sinxela e superficial conclusión sería imputa-lo protagonismo ó modo de ser de Feijoo; unha persoa cun tremendo gusto polo protagonismo persoal, un edonista, que namorado de si mesmo, considerase o único poseedor da verdade; ou tamén unha representación montada polo circo mediático do PP. De calquera xeito parece que o culto ó líder que, aínda que sexa un boneco, nos transporta os modelos do que críamos extinguido fascismo. Porque todo nese circo non é casual, senón que ben medido polo impacto propagandístico, afírmanos na idea dunha estratexia de Xénova.
0 comentarios