EU
O eu, propio dos ególatras, dos que viven nun mundo de fantasía, de edonismo; que nada ten que ver coa realidade, parece ser o mundo de Feijoo. É de dominio público, si hai dúbida aí están a Hemerotecas, que o proxecto de Feijoo pras caixas galegas, era que Caixa Galicia absorbera a Caixa Nova, pra logo entregarllas a Rato; todo no proxecto de crear un gran grupo financeiro controlado polo PP. No proxecto de Feijoo estaba unha nova Lei de Caixas, que lle achanzara o seu proxecto, e a xubilación do Director de Caixa Nova porque non lle apoiaba a súa pretensión. O que as cousas non foran como pretendía Feijoo foi por mor do Banco de España. Que agora Feijoo pretenda atribuírse a solución financeira de NCG, é unha mostra inequívoca da súa amoralidade e arrogancia.
0 comentarios