¿ADIANTO ELECTORAL?
Non sería doado de entender que Feijoo adiante as eleccións, o non ter ningún tipo de atranco pra gobernar, apoiado na súa maioría absoluta, e facelas coincidir coas xerais. A existencia de motivos é o de menos; Feijoo atoparía razóns pra facelo, é un gran inventor de mentiras. Unhas eleccións adiantadas, sen motivos reais, suporía un gasto, nun momento en que o aforro é necesario; pero iso non vai ser motivo pra que Feijoo non faga unha machada dese estilo. Segundo os entendidos; si Rajoy gaña as eleccións; Feijoo abandonaría o discurso de reivindicación a Madrid, e xa non tería desculpas pra non gobernar, e o seu goberno bonsai xa carecería de argumentos nos que esconde—la súa incompetencia. Feijoo, é Presidente da Xunta, pero o seu é actuar de mosca cojonera de Zapatero, facendo méritos pra que o leven pra Madrid.
0 comentarios