Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

CISCANDO MERDA

CISCANDO MERDA

    Lonxe de explica-los casos  de corrupción, o PPg intenta dilui-la súa implicación en graves casos de corrupción; así o  acusado de multicorrupción, o inefable Conselleiro de Industria escorre o vulto e trata de responsabiliza-lo bipartito; cousa asombrosa, cando leva gobernando mais de dous anos, e é o seu goberno quen está sendo investigado. Similar procedemento segue o superconselleiro, cos casos de corrupción da súa Consellería; pero o mais insólito foi o caso da Consellería de Traballo, que levou ó Parlamento un feixe  de correspondencia do anterior conselleiro, relativa a peticións de recomendacións; nin unha sola das recomendacións fora atendida polo Conselleiro. Esa foi a razón pra que as deixara no seu despacho cando cesou. Si a Conselleira do Paro tivera dúas neuronas comprenderíao, pero a natureza non foi desprendida con ela.  

    Colea, imaxínome que pra morrer, o caso da corrupción das oposicións.  Rueda xa se apresurara a desvia-la atención, pra que as sospeitas foran pra outro lado. Cando o goberno da Xunta non está imputado, o resultado do proceso  xa está decidido.

 

0 comentarios