Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

AUSTERIDADE DE COÑA

AUSTERIDADE DE COÑA

 

 

    Oia é un pequeno concello do sur de Pontevedra, famoso, entre outras cousas, pola lea que teñen montado os concelleiros do PPg. Queren que o  alcalde, tamén do PP, lles asigne cinco dedicacións exclusivas, ó que o alcalde se nega; en represalia deixaron o alcalde sen soldo . Outros alcaldes do PP reducen o número de asesores, ou din que os reducen. Moitos dos supostos asesores non son idóneos, como o caso do asesor do famoso Conselleiro, familiar meritorio. Semella que os alcaldes do PP, que estrean alcaldías, longamente cobizadas, senten a necesidade de que os cidadáns visualicen un modo de gobernar mellor, facéndolles crer que gañaron co cambio,  cando os únicos que gañaron foron eles; así falan de supresións, aforros, etc. . Cando se di que se suprimen asesores e se recorre a empresas de asistencia externa, o aforro transformase en mais incremento de gasto. Sen mirar moi no fondo, vemos que o alcalde da Coruña gaña como Feijoo, subiuse o soldo a un teito impensable; os concelleiros con dedicación exclusiva terán un segundo de apoio, iso que ía de austero. Sendo Coruña mais pequena que Vigo, o goberno municipal, non esquezamos o mantra de partido único, é moito mais caro. Solo é cuestión de ideoloxía. De diminución do gasto nada.

 

0 comentarios