O SUPER NA ALCALDIA
A primeira medida de austeridade foi subirse o soldo. !Bo comezo!. Despois segue coa creación dunha estrutura de goberno con media ducia de concelleiros con dedicación exclusiva, apoiados por outros concelleiros. Unha austeridade pouco austera. Aí non remata o bo goberno municipal do Super. A empresa que xestiona servizos municipais como a auga, pese o seu bo estado financeiro, privatízase e, inaudito, entrégase, cal dote de boa casada, cunha dote de catro millóns de euros. Nunca un se debe esquecer dos amigos e premialos con algunha boa concesión. Lección aprendida do seu amigo Alberte. Con estes despilfarros, nin os mais seareiros se cren o do déficit nas arcas do concello, táctica popular pra xustificar recortes, antes ben, o Super atopou alí un tesouro.
0 comentarios