Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

AUSTERIDADE SELECTIVA

AUSTERIDADE SELECTIVA

 

       España está a un chisco do rescate. Rajoy promete gobernar con austeridade, e pon como exemplo a Feijoo. Bo exemplo, zi zeñó. O home que pese á redución de Consellerías, non modificou un ápice a estrutura administrativa, solo puxo baixo do mando dun Superconselleiro a tres Consellerías. No mesmo período, creou cinco Superdelegacións da Xunta e outros organismos, incrementando o gasto corrente nun 7 %. Bo exemplo, zi zeñó.

       As convencións do PP en Santiago pagounas o PPg cos cartos dos galegos; non hai pra aspirinas, pero pra aí aparecen. Como non, na súa calidade de anfitrión, Feijoo desgranou un florido discurso, dicindo que se necesitaba un líder: ¿postularase? E, fíxome moita graza, aquilo de que hai que ter criterio. Recordoume a manquiña.

        O premio gordo pra convención de Deputacións peperas en Pontevedra, tamén como invitados de Louzao, pagados, por suposto, polos pontevedreses. Mariano presentou as Deputacións como Institucións imprescindibles, Pros políticos, claro e pra pagarlle os touros pola Peregrina, cun endebedamento inferior ó Estado.  Eu que pensei que o normal sería que xa que non valen pra nada, polo menos non se endebedaran. Non é estraño que os mercados acosen a España.

 

0 comentarios