DOADOS DE ENGANAR
PP e PSOE chegaron a un acordo pra reforma-la constitución e poñer un teito de gasto; así os mercados verán que somos un pais disciplinado, dignos de confianza. Prestarannos os cartos mais baratos, e seguiremos nese mundo de YUPI, podendo gastar en gastos correntes mentres esganamos os gastos produtivos e sociais e empobrecémo-lo pais. Dun golpe, cumprimos o obxectivo de engana-lo mercados, facéndolles crer que temos como meta a austeridade. Pero seguimos facendo unha política, que unicamente vai enriba dos mais febles. A pobreza que se xera e moi do gusto do liberalismo económico, que da como intocables ós ricos.
Se o PSOE fai unha política de dereitas, ten sentido votar ó PP. Dese xeito, xa sabemos cal será a folla de ruta; un camiño cara a néboa.
0 comentarios