CANDO ABRE A BOCA
Facendo pais, ou promoción persoal, o noso presidente estivo de viaxe en Ceuta. A mais de arremeter contra do PSOE, recordando como Zapatero herdou o pais, e como o deixa feito uns zorros. En parte ten razón; pero as verdades ditas a medias solen ser grandes mentiras; nade lle nega que Zapatero é un nefasto xestor, il tamén o é, e aínda por riba non ten oposición. Zapatero herdou unha Facenda saneada. Pra sanea-la Facenda, Aznar malvendeu tódalas grandes empresas públicas. Iso seguro que se lle esqueceu dicilo a Feijoo. Zapatero non soubo dirixir o goberno no medio dunha crise mundial e fracasou, igual que outros líderes. Sen dúbida interésanos, porque nos afecta,o estado de España; pero a arbore non nos pode impedir velo souto. A situación en Galiza é catastrófica, e iso, a mais de ser culpa da crise, tamén é culpa de Feijoo.
0 comentarios