Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

¿ A CASO CONSPIRACIÓN?

¿ A CASO CONSPIRACIÓN?

   O espolio de NCG non me da acougo; canto mais penso nelo, mais incógnitas atopo. Non acabo de comprender, como se pode esfumar un patrimonio de miles de millóns de euros. Aínda que houbera un desfase contable, é moita a diferenza entre as distintas valoracións feitas. Non é doado comprender que unha entidade que ten o 50% do mercado bancario valia solo 180 millóns de euros. É fácil sospeitar que unha valoración tan baixa obedece a unha intención deliberada, a un proxecto premeditado de quita-la NCG do mercado e entregarlle os despoxos a un competidor a prezo de saldo. Este feito, sen esquece-lo saqueo practicado polos directivos da Caixa, debera ser motivo dabondo pra que a Fiscalía investigue unha fraudulenta conivencia entre o BE, os directivos da Caixa  e algúns políticos. Penso darlle mais voltas.

 

3 comentarios

Fornelos de Montes -

Tanto que porfiou o Don Quixote Feijoo e a súa Sanchopanza de Facenda contra os muiños de vento do mercado mundial para defender a Caixa Galega, e agora subástana nos seus fuciños por catro perras. Ao mellor eran maniobras para ternos entretenidos co seu COMPROMISO con este país, cando o que facían era preparala (con laciño incluido) como gostoso bocado para os grandes bancos. Unha gran comedia, si señor. Aplaudamos pois ao circo Feijoo e as seus paiasos..."plas, plas, plas"

CHOUSAETROITAS -

a veces soño que irrumpo na sala onde se celebran as reunios da dirección de NOVACAIXAGALICIA e berro QUEDADES DETIDOS, espero que eles esperten algunha noite mollados de suor escoitando ese berro...

Anónimo -

A deixadez do Banco de España e o inefable MAFO neste e noutros casos no panorama bancario deste país é sangrante. Unha verdadeira vergoña