ACENOS OU REALIDADES
Os novos directivos de NCG pretenden que os anteriores directivos, ós das indemnizacións millonarias, os que ca súa mala xestión levaron á ruína a Caixa, devolvan parte das cantidades cobradas, insinuando cunha posible accudicial. O primeiro a destacar é que non se lles esixe a devolución dunha cantidade concreta; en segundo lugar parece que se apela mais a unha razón de forza moral, pouco efectiva neste caso, que a razóns legais. Habida conta que as indemnizacións recibiron o consentimento do BE, Consello de Administración e Xunta de Galicia ou, á menos, un mirar pra outro lado, parece que unha acción xudicial tería unha débil posición; nembargantes, si temos en conta que as remuneracións extraordinarias dos banqueiros deben estar condicionadas pola labor dos beneficiados. Eu mais ben me inclino por requirirlles en vía xudicial un resarcimento dos danos causados á Entidade pola súa neglixente e culposa xestión.
Si cremos a versión dos membros do Consello e de Feijoo, segundo o cal houbo unha deliberada ocultación ó Consello e a Xunta do botín a repartir; daríase un feito que se podería calificar como delito. Repartiríanse as indemnizacións, ó marxe do procedemento establecido, con ánimo de prexudica-la Entidade, apropiándose dun diñeiro alleo, pra elo conspirando pra delinquir. A acción xudicial gozaría dun mais claro apoio de feitos. Cousa distinta é que a Xunta, os actuais órganos de dirección, BE, ou Fiscalía queiran facelo. Supoño que calquera impositor estaría lexitimado pra exercer unha acción penal. Así que, a non escondela cabeza como as avestruces.
0 comentarios