Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

OUTONO NEGRO

OUTONO NEGRO

 

 

     Ca chegada do outono os lumes forestais parecen recuperar forza. Se non fora que os lumes forestais son cousa moi seria, podíamos supoñer que había centos de magostos. Os incendios collen á Xunta cos brazos caídos,  e poñen en evidencia que a o plan da Xunta de loita contra incendios non existe. Con mais de 10.000 hectarias queimadas, e aínda estamos a mediados, é o peor mes do ano.  É doado dicir que o Conselleiro de Medio Rural é un inútil, pero ademais de non dicir nada novo, non estaríamos aportando nada a solución desta catástrofe. A actual Xunta, xogando con condicións meteorolóxicas propicias, desmonto o sistema contraincendios do anterior goberno, nun acto de arrogancia  e irresponsabilidade. Os resultados son os que se ve. Acentua-la acción nos medios contraincendios, que desgraciadamente tampouco foi o caso, non é a solución. Os medios contraincendios teñen que implementarse con medidas de prevención, que foi onde mais a Xunta se abandonou. Non hai sistema perfecto, solo menos malos, sobretodo cando os incendiarios fan das súas, pero Feijoo debera ser menos arrogante e recorda-lo que fixo na oposición. A dimensión da catástrofe é tremenda, hasta a Unidade de Emerxencias así o viu. Total Galiza perde, a Feijoo elle o mesmo.  

3 comentarios

autor -

ía titular O MANGUEIRIÑAS, pero pareceume demasiado

Anónimo -

que mítica esta foto da manguerita, ja,ja,ja!!!

Retrincos -

Unha vez máis queda en evidencia o patética que resulta sacar peito cando non hai lumes en Galicia. Quedou ven claro que a verdadeira estratexia para frenar aos pirómanos, para manter os montes galegos afastados da vaga de incendios, para que Galicia non ardera como unha tea era....¡¡¡que chova!!!.
Ese e O PLAN do Goberno de Feijoo. De tal maneira que si ven unha tempada seca como a presente...a tomar polo cú todo o tinglado.
Pois ala, agora a presumir a outro lado!!!