ACOSO
O pretendido enredo a Blanco foi un episodio mais do escuro asunto Dorribo. Por unha e outra banda, intentase politiza-la xustiza e mediatiza-la súa labor. Quixera saber que man acanea o berce; xa que algo oculto parece interesado en axita-lo asunto. Non deixa de ser curiosa esa persistencia de Feijoo en negar que na reunión, ou audiencia con Dorribo, non trataron das subvencións á empresa de Dorribo. ¿Logo de qué trataron?. O mellor de fútbol; porque a concesión de mais de catro millóns de euros á empresa de Dorribo, logo de celebrala reunión con Feijoo, foi casual. E eu chúpome o dedo. O principal encausado, o exDirector Do IGAPE, que foi cesado no cargo por Feijoo, agardan que sirva de cortalumes, e as responsabilidade non se esixa a niveis superiores.
Curioso. O mellor foi coicidencia, aínda que soe a sabotaxe. Dorribo foi citado a declarar ó xulgado. O sistema informático no que se recollía a declaración, que depende da Xunta, fallou. !Que mal cheira isto!. Veremos que pasa. O mais seguro é que nada. Hai que saber camiñar polo fío da navalla,
2 comentarios
lagarteira -
Non esquezades que realmente, un caso de drogas destapou a trama. Unhas escoitas telefónicas en Vilagarcía por un caso de tráfico de drogas destaparon a trama de subvencións. Nestas, Dorribo ofrecía a un amigo agora detido a posibilidade de pedir axudas do Igape de forma fraudulenta. Así se fixo unha peza separada e empezou a investigación.
Outra é a súa relación cos míticos Charlines. Hai unha persoa, patrón do barco que Dorribo fondea nas Rías Baixas, comprou aos donos de Proitec unha nave que estes á súa vez adquiriron nunha poxa da Axencia Tributaria e que fora do clan dos Charlines.
Malo, malo, malo...
Anónimo -