CINISMO
A presentación das candidaturas do PP pras vindeiras eleccións ó parlamento, levada a cabo en Santiago, foi unha escenificación de ataques ó Goberno Central, por min que lle dean leña ó mono. Nada se dixo do curriculum dos candidatos, nin que ían facer. Foi unha competición entre os líderes do PPg, con Feijoo á cabeza, pra ver quen poñía mais verde ó Goberno Central. O tema mais socorrido foron as infraestruturas, especialmente o AVE. Comprendo de que lle teñan medo a Blanco; pois ningún Ministro, na vida dos nacidos, fixo tanto por Galiza. Que os electores lle correspondan xa é outra cousa. Por si acaso o PP, todos a unha, atácanlle sempre, aínda que a munición empregada se volva en contra súa. Nestas rifas o BNG é o gran ignorado,e iso non me da bo bo, nada bo. O dous grandes partido queren reproduci-lo modelo de alternancia do século XIX.
2 comentarios
pitaAzul -
Para nada, agora coa disculpa da crise nada para Galicia, como sempre...
E Blanco, ainda que non era santo da miña devoción, foi o mellor ministro de tódolos tempos para Galicia, pero vamosllo agradecer cunha patada no traseiro, e senon o tempo.
Anónimo -