Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

FOZANDO

FOZANDO

 

 

   Non solo ós porcos lles gusta fozar, tamén hai humanos que revolven e fozan nas cousas intentando atopar un premio. No concello de Santiago están revolvendo caixóns e buscando papeis que lles permitan acusar ó anterior equipo de goberno de mala xestión; polo de pronto, xa atoparon o expediente dunha obra cun presuposto de case 200.000 euros, que non foi adxudicada en concurso. A xestión de investigación non parou aí. Dende o Concello suxeriuse a empresas que contrataron obras co Concello, que reclamaran o pago de novo. Todo pra intentar culpar ós xestores anteriores de deixar as facturas sen pagar. En lugar de gobernar dedícanse a inventar e urdir todo tipo de argalladas. En San Caetano, onde puideron parti-las instrucións de maquiavélicos plans, mellor estarían traballando. 

   A veces as conspiracións vólvense en contra do conspirador; tal foi o caso da Presidenta pepera de Castela a Mancha, que mentres estivo na oposición aplicouse a mandar informes, suxerencias e demais ás axencias de calificación de riscos pra prexudica-lo  goberno da Comunidade,  que pretendía derrubar. Agora, que goberna, ve premiados ós esforzos e a débeda de Castela a Mancha acaba de recibi-la calificación de bonos lixo.  ¿Será posible que os electores non pasen factura ?

4 comentarios

autor -

si as listas foran abertas, como debera ser, moitos políticos estarían no paro; por iso son pechadas. en canto ó cese dise Deputado do PP, non é mais que a punta do icerberg.

Dortiso -

Hoxe lemos que xa caeu o segundo deputado pepero do parlamento galego en menos dun mes ao ser acusado de prevaricación. A este paso, Frijolito vaise quedar con catro gatos no grupo parlamentario. Ai estes peperos...

Anónimo -

Pois ala que como Rajoy se poña a investigar o que haberá oculto nos caixóns dos ministerios cando chegue ao poder, imos alucinar. A ver se ten o que se debe ter para tirar da manta e liala.

Caamaño -

Conde Roa é ben coñecido en Santiago e aquí todos sabemos que esperta máis ben animadversións que simpatías, mesmo entre os votantes do PP. Moitos tiveron que votarlle tapándose o nariz, para evitar que saíse outra vez elixido un alcalde socialista. Así é como funciona a política en España sen listas abertas, aínda que esteas de acordo cun partido e o votes, tes que tragar a todos e cada un dos que colocan na lista electoral...