COUSAS DO SAMAIN
O cese do deputado do PPg, investigado pola xustiza, o segundo en poucos días. Nestas datas do Samaín, os esqueletos que o PPg esconde no armario saen a face-la ronda. Alberte sabe e coñece casos de corrupción que, igual que os descubertos ata agora, poden estourar en calquera momento. Coa chegada de Feijoo ó poder multiplicáronse os casos de corrupción. A razón esencial é que no asalto ó poder, houbo unha política de todo vale; o que foi entendido, por algúns, como a barra libre da corruptela, vendo que os contratos se adxudicaban a dedo que os servizos sociais, a sanidade o ensino, aceso á Función Pública, etc. eran negocios pra premiar ás axudas prestadas. Tamén a materia prima se incorporou sen criba, de tal xeito que foron uns poucos os que impuxeron as regras ó todo, ante a pasividade e complicidade de Feijoo.
O caso Dorribo destapou as conexión cos narcos, que xa fora denunciado por Xornal de Galicia, cando publicou a foto de Rajoy navegando polas Rías a bordo dun barco dun coñecido fariñeiro, e que lle custou o posto o director do Xornal.
Nade, no grupo Popular, baixo a ferrea dirección de Feijoo, se atreveu a denunciar nunca unha inmoralidade, diante do temor a caer en desgraza. O goteo, que vai aparecendo, prodúcese diante da imposibilidade de agochalos.
O último Deputado do PPg que cesa, o sr Escribano, que procede da canteira do partido. Se a canteira se comporta así, o futuro que nos agarda non é nada limpo.
Entre cargos electos e altos cargo da Administración, xa van unha ducia de implicados en casos de corrupción na Administración de Feijoo, e isto sigue.
0 comentarios