UNHA PARTIDA DE PÓKER
Pra min o debate dos dous principais candidatos á Presidencia do Goberno foi un latricar sen propostas; pero non solo as propostas estiveron ausentes, tamén os distintos territorios do pais. O pobo estaba ausente. Rajoy obviou falar de cousas concretas, pra non meterse en compromisos e perder votos, subido enriba da crise e de cinco millóns de parados, limitouse a poñer cara de póker. Rubalcaba semellaba un polo descabezado, lastrado polo pasado. Unha sola pifia, que non foi tal, de Rajoy, chamándolle Zapatero a Rubalcaba, pra que o público identificara a Rubalcaba con Zapatero, foi un golpe nas partes nobres do aspirante socialista. Quén gañou: eles os dous; quén perdeu, perderon os cidadáns. O debate, que non foi tal, foi unha escena teatral, ríxida cun libreto pactado, sen entrar en programas de goberno; que o moderador solo era o encargado do reloxio.
0 comentarios