CUMPRINDO O DEFICIT
Cumpri-los obxectivo de déficit pode que sexa unha medida necesaria, despois das alegrías irresponsables que houbo. O que xa non me parece lóxico é que os desequilibrios orzamentarios se teñan que corrixir cuns recortes no gasto, que recaen sobre os colectivos mais desfavorecidos. Aínda virán tempos mais duros. Os ingresos non se incrementarán, antes o contrario barrúntase unha mingúa, polo que os recortes aínda serán mais duros. Semella que o obxectivo de déficit hai que cumprilo; pero serán os pensionistas, os funcionarios mil euristas e os recortes sociais os sacrificados. Nin os políticos, nin os sindicatos, nin o capital pagaran a factura.
2 comentarios
Volanteira -
Anónimo -