Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

GALIZA ESMAGADA

GALIZA ESMAGADA

 

    Parece que non é dabondo que Galiza sufra o  arraso  do Goberno Feijoo. A mesma Europa, coa pasividade de Feijoo e Zapatero,  quere que os galegos non nos quede outro camiño que a emigración, queren facer de nos un pobo que viva na diáspora, un pobo errante. Leite e naval son esenciais pra subsitir. Están empeñados en quitarnos toda esperanza de vivir do noso traballo; precisan, tanto o PSOE como o PP, xente pobre, que agarde percibir unha axudiña pra ir tirando, xente que faga o que lle diga o cacique. En nada se diferencian os caciques do PSOE e do PP. Sen orgullo, sen conciencia, serviles e colonizados intelectualmente, os galegos desintegrámonos.

 

2 comentarios

Anónimo -

Dame a min q o panorama é negrísimo...condenados como estamos a ser a periferia da periferia. Sen entidade financeira propia, as nosas empresas esmorecen afogadas. Eso non o permiten nin cataláns nin vascos. Malo, malo...sempre nos quedará ser o chiringuito para os madrileños no verán. Non si Rajoy?

Sártalo -

Xa o dicía o gran Beiras, Galiza non é un país pobre, é un país empobrecido, que non son o mesmo...