Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O MUÑIDOR DE VOTOS

O MUÑIDOR DE VOTOS

 

  Como non hai lei que o prohiba , e a moralidade era verde e comeuna un burro, o sr. Feijoo e os seus embaixadores están a facer campaña e colleitar votos na diáspora. Mentres se suprimen os concertos ós concellos pra axuda social, se reducen ás axudas os dependentes e outros colectivos necesitados, reparten axudas sociais na emigración, previa entrega da documentación do voto por correo. Sen dúbida que está ben axudar ós que un día se viron na obriga de deixa-lo pais; pero os que viven aquí teñen tamén necesidades e dereitos, que deben ser atendidos. A única diferenza é que os de aquí son votos seguros,  a emigración van a mercalos. Prácticas comúns no PP e PSOE, por iso sigue esta inmoral práctica.  O custo real da farándula está na maior escuridade e recaerá  sobre as costas dos galegos. Pra aí hai cartos, non os hai pra servizos sociais, ensino ou sanidade. Que Galiza arda, que se esfarele o pais, Feijoo e os seus embaixadores vanse en busca de votos. O de muñidor de votos e mais importante co goberno do pais. O pais arde, o presidente de festas e merendas. Os válidos reparten cheques asistenciais  en Cuba por importe de millón e medio de euros.

2 comentarios

Piorno -

Pero é que o asunto de muñir votos non só se da na emigración. Aquí mesmo, sen saír de Galicia, os partidos maioritarios, especialmente o PP nas aldeas, teñen axentes que se encargan de carretar votos ata no memos día das eleccións. Todo un entramado que se coñece pero ante o que todo o mundo fáise o parvo.

Anónimo -

"...a moralidade era verde, e comeuna un burro...", ja,ja,ja...que bo!!! Farteime a rir con esa ocurrencia.