AMONTÓNASELLE O CHOIO
A penexo amontoáselle o choio. Non adiantou na búsqueda do códice Calixtino, pero sigue buscado. Agora tamén ten que busca-lo programa electoral de Rajoy. Mais que unha axuda, as declaracións de Rouco Varela sobre as inmediatas actuacións de Rajoy, fixéronlle pensar que o programa electoral de Rajoy estaba en poder da Conferencia Episcopal. Posiblemente esqueceu o programa nalgún confesionario; e as Airexas, que sempre nos dixeron que eran a casa des Deus, están gobernadas por poderes terreais, que se apropian de todo o que cae nas súas redes. Por iso lle van ditar a Rajoy o programa, devolvéndolle o que perdeu, o mellor, convintemente corrixido. Polo de prono, Rouco xa dixo que o paro e a crise eran castigos de Deus. A culpa da crise xa non é de Zapatero, é de Deus, que castiga ós homes por apartarse de Cristo.
Tamén a Rajoy se lle amontoa o choio. Non queda moi claro é si é o Presidente do Goberno español, ou o Subgobernador alemán pra España. Anxela Merkel deulle instrucións por teléfono, debeulle queda-la sensación de que non ha entendía, e púxolle un telegrama; como si Rajoy non fora moi avisado. O bo de Rajoy entre banqueiros, airexa, mercados, ricos e axentes sociais, vanlle a complica-la vida; pra mais ten unha Soraya de Santamaría, que non di mais estupideces porque non ensaia: España, dixo, sempre foi solvente e volverá a selo. Menos mal que ten a penexo.
1 comentario
Anónimo -