Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ASCENSO

ASCENSO

 

   Comentaba o martes un lector do blog a súa perplexidade polo ascenso de Telmo Martín a deputado en Cortes, como premio a súa incapacidade de desaloxar a Lores da alcaldía de Pontevedra. Eu tamén estou perplexo polo ascenso de Telmo. Un home que o único acervo cultural que ten é haber sido fontaneiro. Pero el aproveitouse das axudas de certos persoeiros de Ribadumia, cos que tiña relacións, pra escalar dentro do PP. A súa vez o PP aproveitouse del coa intención de usalo pra facer un planeamento urbanístico propicio, pro que intentou colocalo de alcalde de Pontevedra. Como o PP non conseguiu a alcaldía, premiaron os servizos de Telmo, facéndoo Deputado. A Política ten estas cousas de difícil comprensión. É alucinante oílo falar de temas de intres social, con desparpaxo, sen complexos, como se entendera do tema. Nade lle pode negar a ousadía que ten.  A función de Telmo no Parlamento tampouco vai requirir unha especialización especial, porque se reducirá a chuzar no  botón que lle digan.

4 comentarios

auto -

Mantéñeno no poder gracias a súa vículación cos sectores da zona de Camnnbados, que apian ó PP

Anónimo -

Telmo Martín era o típico caso de alcalde promotor pepero da época do pelotazo...ao estilo da costa valenciana. Con todo teño que admitir que igual que me sorprendera a madurez democrática do pobo de Pontevedra no seu momento facendo oídos xordos aos seus cantos de serea, non deixa de sorprenderme o teimudos que son en Génova para mantelo a capa e espada. Por qué será?

Pontevedrés -

Telmo, telmito, Telmo... toda unha persoaxe ben coñecida nos círculos de Pontevedra, onde te teñen ben calado. Coméntase pola Ferrería que comenzou a enriquecerse cos contratos millonarios outorgados por Fomento cando estaba comandado por Álvarez Cascos, outra boa prea!!. Despois de que os pontevedreses non te quixéramos para alcalde, indudable mérito nunha cidade situada ideolóxicamente de maneira histórica á dereita da dereita, e donde ten importantes intereses inmobiliarios, agora mándano para Madrid a escarabellar en Cortes. ¿Apostades a que buscará acubillo preto dos círculos de Fomento?

Pontevedrés -

¿Telmo Martín deputado en Cortes?... como se diría vulgarmente, cando te queres desfacer dun inútil, patapúm para riba!!!