Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ALGUÉN TEN A CULPA

ALGUÉN TEN A CULPA

   Alguén ten a culpa, e non son eu. Os Parados de longa duración e a xente sen recursos queda sen SS. A Xunta ditou unha orde que segrega a estes colectivos e os aparta do sistema normal de SS. Segundo a orde da Xunta, so terán dereito a urxencias, sen probas, sen atención en especialistas, primaria e menciñas. A traxedia pros afectados xa empezou, i é Cáritas a que lles ten que socorrer. Este feito deu lugar a un agrio e bronco debate n o Parlamento galego. Como ven ocorrendo en casos similares, a Xunta culpa ó Goberno Central, e dicir, ó PSOE; argumento que xa non lle será válido dende que o goberno do PP tome posesión. Isto non pode seguir así; teñen que arranxalo. Non vale intentar ignora-los problemas, menos crealos, os parados bastantante teñen con estar no paro e os pobres con ser pobres.

2 comentarios

Marychu -

A preocupación existe porque o problema é real
Que se deixen de tanto bla,bla,bla, e de tantas administracións inútiles, creando problemas onde nunca debeu haber, sinvergonzas, iso é o que son.
Os parados e sen recursos denuncian que non están sendo tratados, derivanos a urxencias e alí avisanos que deben pagar a consulta, isto é o que hai a data de hoxe, mañá se non houbera este problema millor para todos, pero que non vos conten milongas, nin se pasen a pelota entre eles

Nouseade -

...a can fraco todo son pulgas