Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

CON SENTIDO DE ESPAÑA

CON SENTIDO DE ESPAÑA

 

  O 20-N os españois votaron cun sentido de Estado, esquecendo a súa situación real. Dicía Castelao, nunha viñeta, na que un galego dicía: “salvemos a España”. España é a que ten que salvarnos a nos. Nosoutros  debemos ter un microchic avariado e pensamos que España precisa  da nosa axuda e decidimos darlle un cheqe e branco a Rajoy pra que salve España a costa nosa. Non don entendido que quen ten un salario de supervivencia agarda que sexan os que predican un liberalismo económico e a explotación do traballador  os que o salven da miseria. Non don entendido como os que precisan unha SS, unha asistencia por dependencia, unhas pensións dignas, en definitiva, do Estado de Benestar, lle dan o voto a quen, aínda con programa oculto, saben que os vai a explotar. Por moito que Rajoy oculte o programa; os votantes saben como goberna o PP nas autonomías. Parabéns a eses votantes, tan altruistas que antepoñen a hipotética salvación de España, os usureros e os explotadores, as súas familias, a educación dos seus fillos, a unha sanidade pra súa familia  e as pensións dos seu maiores. Grazas a eses salvapatrias camiñamos cara a escravitude moderna.  Da a  impresión de que este pais non evolucionou dende que os gobernantes se consideraban delegados de Deus na terra. Agora o que nos queda e rezar e esperar que Deus se apiade de nos.

 

 

2 comentarios

PitaAzul -

Pois para mostra do que nos espera a ultima noticia é que as cortes valencianas non teñen diñeiro para pagar a nómina nin a extra dos funcionarios e deputados, e ahí goberna o PP
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/11/29/valencia/1322559309.html

Jose Alfaya -

Menos mal que todavia queda gente con las ideas claras. Vigilemos, vigilad.