A ENCRUCILLADA DO BNG
Leve, pero retroceso ó fin, nos resultados electorais do día 20, arrincaron unha tépeda reacción na dirección. Guillerme Vázquez, ó que nade pode negar a súa calidade de boa persoa, pero home da UPG, amaga con presenta-la dimisión. Todo baixo a estratexia da UPG. Pouco di dos que antepoñen unha ideoloxía comunista trasnoitada, ó intres do pais. Cun PSOE en caída libre, que deixou un espazo baldeiro na esquerda, o BNG foi incapaz de sacar rédito desta situación, como era de esperar. Os resultados electorais, xunto coas evidentes divisións apreciadas no congreso celebrado fai días en Teo, barruntan un esborrallamento da organización Galeguista. Os non adscritos a ningunha das correntes existentes no seo do BNG, que son maioría, están en retirada; nas asembleas son ignorados e solo soa o monólogo da UPG, unha petrea organización de extrema esquerda que solo pensa en impoñerse; as outras sensibilidades as cales se organizáron co solo fin de facerlle frente a UPG. Estas correntes foron moi prexudicadas polos trepadores que xurdiron no se seo. A xubilación de fósiles que non deixan paso ás xeneracións novas, a refundación ideolóxica e de organización, dando paso os bos e xenerosos, que os hai, é o único xeito de que o nacionalismo non esmoreza. Os que queiran converter a Galiza nunha reserva comunista, como foi Albania, que se vaian. As xuntanzas da directiva do BNG está acadando grandes tensións. Mais Galiza plantou a UPG e non asistiu. Noriega sería un candidato pra Secretario Xeral, no seu concello vótano ata as dereitas; non destaca por facer grandes obras, non é un demagogo, non minte.
1 comentario
MDF -
http://aims.selfip.org/spanish_revolution.htm
De una pobre viuda de 79 años acosada desde hace 10 años, que no ha conseguido que se investigue el posible homicidio de su esposo. ¿Me censurarán?