DERRADEIRA TRACA
Seique o goberno está en funcións; en tal situación limítariase a asuntos de mera xestión gubernamental. Non último Consello de Ministros adoptaron o acordo de indulta-lo Conselleiro do banco Santander, que non é un asunto urxente, nin de trámite. Nada ten que ver este acordo coa xestión de asuntos correntes, as razóns hai que imaxinalas. Mariano amosa un acordo tácito; non obxectou nada. Ditar un indulto en contra do parecer da xustiza, sen que haxa unha razón social, de Estado ou outros alicerces sólidos; simplemente porque lle peta, é cargarse a Institución de indulto. O indultado ten unha opinión desfavorable do Estado de Benestar, segundo manifestou en mais dunha ocasión. Sería ese o mérito que lle viu Zapatero pra indultalo
2 comentarios
Valadouro -
O poder xudicial non fai outra cousa que aplicar as leis ditaminadas polo lexislativo, éste queda preso do goberno nos sistemas maioritarios ou coas maiorías absolutas nos sistemas proporcionais, e finalmente, o executivo, que se supón que é o que ten que gobernar, vai a ser ocupado por un partido político que....casualmente, depende para desenvolver as súas actividades do financiamento de quen ten os cartos: efectivamente, dos bancos.
Conclusión, aplícase o que este autor denominaba, con fina ironía, a "regra de ouro" da democracia: e dicir, quen ten o ouro, ten o poder.
Ningún goberno vai contra os bancos porque son os que sosteñen o tinglado. Tal cual
Tarangallo -