Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O MAUSOLEO DO DICTADOR

O MAUSOLEO DO DICTADOR

  

     Ningún dos ditadores compañeiros de Franco ten un mausoleo. O verdugo de milleiros de españois, o causante da miseria e atraso de España, ten un mausoleo feito coa miseria das súas vítimas. A guerra civil foi unha traxedia que a xente precisa esquecer pra encara-lo futuro. Un futuro con demasiadas nubes no horizonte, pero os fascistas está emperrados en que as xeracións vindeiras non esquezan a súa vitoria. Seguen adorando ós restos do líder, como o fixeron en vida. Pros fascistas Franco sigue sendo un heroe, pra outros non pasa de ser un sanguinario asasino. Hai que comprender ós familiares dos asasinados, enterrados no Val dos Caídos, que ven unha afronta que o ditador presida a traxedia  como si fora a escenificación dun fusilamento diario.

      Os expertos, que nade sabe en que son expertos, agás en templar gaitas, recomendan que se saque a Franco, pero que se pida permiso a Airexa e a familia. !O que deberon suar pra chegar a esa solución!. Nego que a Airexa teña voz no asunto. O lugar é propiedade do Patrimonio Nacional. Non se pode condiciona-la solución á vontade dos cómplices dos feitos a esquecer; ós que en vida o levaron baixo Palio, como o Santísimo, e agora, de morto, o teñen baixo as sotanas.  Á familia, que o deixen nunha cuneta, como el fixo cos fusilados, pra que saiban da anguria de non atopa-los restos. Trátase, en definitiva, de pechar definitivamente unha ferida da mais sinistra páxina da nosa historia, non de axitar medos. A proba de que a transición non existeu son esas voces de seareiros do vello réxime, que solo existen en España; nin en Italia, nin en Alemania existen, e a familia do ditador sigue conservando privilexios e fortuna.

0 comentarios