Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

DESMONTA-LA SS

DESMONTA-LA SS

 

    O Conseller de Sanidade da Xeneralitat, propón un seguro médico obrigatorio privado. A idea non aporta, en si, nada novo. Os que teñen moitos medios, igual que algúns sectores xa o teñen. O acento está en “obrigatorio”.  Sería o primeiro paso pra crear unha SS privada pra ricos, e deixa-la SS pública como unha beneficiencia pra pobres. Hai que salientar que o Conseller era presidente da patronal de seguros médicos privados de Cataluña e quere engorda-lo negocio da sanidade privada, deixando na pública unicamente a xente sen recursos e todo beneficiario que non supoña un negocio. O acoso ós profesionais da sanidade, non deixa de ser un recurso mais que empregan pra facer inviable o sistema

2 comentarios

Pablo C. -

Con todo, eu coido que o anuncio do Conseller non deixa de ser outro máis dos globos-sonda que cada pouco lanzan os políticos, non se sabe moi ben si para asustarnos ou para avisarnos. O problema é que os recortes en servizos públicos, particularmente en sanidade, son algo constante dende hai tempo, non de maneira explícita, pero sí algo máis sibilina, máis difícil de detectar: recortes en material, recortes en persoal non contratando xente, recortes nos soldos poñendo dificultades para pagar as horas extras e peonadas...etc.
Tal como dí o autor, é un verdadeiro acoso aos profesionais, que cada vez vense máis descubertos para atallar a enorme presión asistencial da sanidade pública

Retrincos -

Iso xa o dicía o inesquecíbel Olof Palme; "Un servizo público para pobres non terminará sendo outra cousa máis que un pobre servizo"