Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A PRIMEIRA NOS FOCIÑOS

A PRIMEIRA NOS FOCIÑOS

 

   A UE ven de darlle a Rajoy nos fociños; non me aleda, porque a labazada levámola  todos. Votarámolo, ou non é o Presidente de todos. O que si me aleda é que Bocanegra, !que ben lle pega o nome!, lle deran unha desautorización que, a un ser normal o houbera deixado mal parado; pero Arenas é un redundante dos disparates, parece que de pequeno lle deron unha pedrada. Rajoy, que ten a solución pra todo, non lle van a facer caso en Europa; si llo fixera, Europa sairía da crise. Da a impresión de que alguén é tan fato como parece. Quizá, a propósito de Europa,  Rajoy non se enteara de que xa non somos ningún imperio; iso eran proclamas vacuas do réxime de Franco, reverdecidas pola FAES; pero non teñen mais sentido, no día de hoxe que facer o ridículo. Mal imos si non sabemos vivir na realidade.

 

2 comentarios

Lucho -

Rajoy pouco ten que pinchar nin cortar na escea internacional porque España hai moito tempo que deixou de ser un país protagonista para ser unha mera comparsa. Bastante ten con asumir o seu rol e non molestar aos que verdadeiramente levan o peso das decisións en Europa. Alomenos serviralle como lección para rebaixar a súa soberbia provocada pola maioría absoluta. Dentro poderá ser moi gallito, pero fora de España non eres ninguén. ¿A quén me recorda?...xa sei!! Ao estadísta dos peares...co pote que se da aquí, e que fora de Galicia non é ningúén...ja, ja!!1

Anónimo -

En Europa quenes cortan o bacallau son os xermanos, nosoutros bastante temos con ir de figurantes a rirlle as gracias a Bruxelas. Rajoy non é máis que un monigote como outro calquera