Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

CORRUPTOS E LADRONS

CORRUPTOS E LADRONS

 

   Mallorca, Valencia, Canarias. Madrid. Galicia, Castellón, etc. Alí onde o PP puxo as mans, hai casos de escándalos e de corrupción que nos fan dubidar de todo o xénero humano; por iso resulta sorprendente que os que están no medio de tantos escándalos sexan os que mais apoios electorais reciben.  A dereita non se distinguiu nunca por busca-lo benestar do pobo; mais ben se preocuparon dos seus negocios e enche-los bolsillos. Sería inxusto que lle concederemos ó PSOE un certificado de limpeza; lonxe quedan os principios de Pablo Iglesias; algunhos pensan que ser socialistas quere dicir “socios listos”. Nos dous partidos hai corruptos, pero cunha diferencia, os votantes do PP dan por supostos, entenden e perdoan o comportamento pouco ético dos xestores políticos; os votantes socialistas non.

1 comentario

Leixa -

Falando de corruptos e outras preas...para espectáculo o que está a dar Camps no xuizo hoxe en Valencia. Non vos parece repulsivo ese persoeiro?? Tan só oilo falar xa se lle revolve a un o bandullo. Que cinismo, por deus!!!