XOGANDO A DFESPISTAR
Sospeitosa, pero que moi sospeitosa esa publicación do patrimonio dos membros do Goberno da Xunta. Despois de mais de dous anos gobernando, así, sen mais, a Feijoo dálle un rauto de transparencia e publica o patrimonio dos seus conselleiros. Iso xa debera ser obrigatorio ó acceder ó cargo. Agora, ¿a qué ven?. ¿ serán os caso de corrupción que atinxen o goberno bonsai, o que motivou esa extemporánea transparencia?. Por poñer un exemplo, sen que iso supoña prexulgar, nin dubidar, da orixe lícita do patrimonio do Conselleiro de Industria, obriga a unha reflexión lóxica, especialmente á vista de que nesa Consellería prodíganse os pelotazos, como a dos muíños de vento; corrupción coma as do IGAPE. ¿ será a folla de ruta pra obter unha boa fortuna?.
1 comentario
Sartego -