OS IGNORANTES CAMPAN
Nun libro de quinto curso de EXB sobre o COÑECEMENTO DO MEDIO dise que o idioma propio de Galiza é o galego. O Ilustre Conselleiro do goberno bonsai, atendendo unha indicación do Valedor do Pobo, que poucas veces, por non dicir ningunha, atende as observacións que lle fai o Valedor, envía istrucións os colexio de EXB, pra que corrixan o texto, e ameazándoos si non o fan. O lea armouse a raíz dunha reclamación que un representante dun partido político en Vigo fixo o Valedor do Pobo. Todo entra dentro do tinglado político e administrativo de Galiza. Hai que darlles a razón ós que din que somos un pais colonizado, porque os feitos así o demostran. O artigo 5º do Estatuto de Autonomía de Galiza salienta que “o galego é a lingua oficial de Galiza”. A continuación dise que “o galego e o castelán son linguas oficias en Galiza; o segundo non desvirtúa o primeiro. Pros ignorantes son afirmacións contraditorias. Unha evidencia, que se deduce deste feito, é que estamos retrocedendo ás cavernas do franquismo, cando os idiomas das distintas nacionalidades eran calificados de dialectos. O Valedor véselle o pelo. Dos outros está todo dito.
2 comentarios
Anónimo -
Xabarín -