Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

TARADOS

TARADOS

  

   Por unanimidade a Cámara Autonómica acordara aprobara a declaración da obra de Castelao como ben de intres cultural.  A Xunta deulle o seu toque persoal e intentou cambia-lo mandato e declara-la protección como ben inmaterial. Con esa chulería zafia, propia dos ignorantes, o Director do Patrimonio acusou de tarados ó grupo do BNG. A súas palabras orixinaron unha trifulca no Parlamento, e a Deputada Ana Pontón aclaroulle que o acordo era pra protección da súa obra, non do seu espírito. Posteriormente Feijoo corrixiu ó Director Xeral e anunciou a declaración nos termos acordados no Parlamento. Sen dúbida hai no PP xente intelixente i educada, pero este elemento é un adoquín; sabedor da liña política da Xunta sobre o galego quixo gañar méritos, de aí a súa sobreactuación, a cal nos leva ó convencemento de que desta xente nada se pode esperar. Non se lles pode pasar unha a estes esbirros

2 comentarios

Liscos -

Nin talante nin talento. En fin, así nos vai no Parlamento. Vaia, saíume un pareado sen pretendelo...

Arnela -

Fantástico...a foto, o texto (chamarlle adoquín a ese pedazo de alcornoque fíxome rir a esgalla, jajaja). Noraboa