ESTÁN QUE MORDEN
O Presidente da Xunta e o seu conselleiro de infraestruturas paradas están que morden. O motivo da súa santa indignación é a adxudicación, polo ADIF da estación do AVE en Ourense. O ADIF é unha empresa pública que ten a función de executa-los proxectos ferroviarios aprobados polo goberno. O AVE a Galiza é un proxecto en marcha, que debe funcionar, unha vez aprobado, con independencia do curso político. O PPg está que trina coa adxudicación. Dende que Conde Roa, do PPg, chegou alcaldía de Santiago fixo o imposible pra que non se adxudique a estación do AVE en Santiago, recurrindo a toda clase de argumentos e trucos, pero en Ourense o alcalde non é do PPg e non puideron entorpece-lo proxecto. É alucinante que un alcalde non queira inversión na súa cidade, que solo lle mova as especulacións que se podan facer cunha obra. Debía de ser razón suficiente pra desterralo. Por moito que teceron solo lograron unha tépeda reacción do PP de Madrid. Queren que o PP anule a adxudicación e indemnice ós autores do proxecto. Iso é o que fixo Feijoo cando chegou á Xunta; anula-las das obras en marcha.
2 comentarios
Ríos -
O caso é que o tren de alta velocidade, e a renovación das estacións de Ourense e Santiago, dame a min que van para longo tempo. Sempre haberá unha crise á que botarlle a culpa...
Baldaio -