Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

REFORMA MENTAL

REFORMA MENTAL

  

    Despois de ve-lo panorama, no que hai duques ladróns, empresarios feudais, políticos corruptos, banqueiros codiciosos e usureiros, condes con temperamento medieval, etc. Urxe unha reforma mental, mais que unha reforma laboral, i eliminar tantos privilexios e inxustizas, deixar en paz ós currantes con salarios mínimos, que bastante teñen con sobrevivir.  

2 comentarios

Lorcho -

O sistema xa hai tempo que está podre polas catro esquinas, porque neste bendito país deufrauda tododios sen compasión. A corrupción é xeneralizada...que tire a pedra o primeiro que vai sempre polo legal. Pero a palma lévana os empresarios patrios, afeitos a roubar cunha man mentres piden esmola á administración coa outra (a mesma administración a que critican día si e día tamén como ineficiente e mastodóntica). Ver para crer!!
Semellaba que coa entrada en Europa a tradición da picaresca e o desmadre serían pronto cousa do pasado, pero en España hai costumes moi arraigadas difíciles de vencer. Precísase un cambio de mentalidade, por suposto, máis é moi complicado que chegue. Somos un país de pandeireta

Richao -

Xa se encargarán as escuras mans que mecen o berce de que se manteña inalterábel o statu quo, que ben lles interesa. Os curritos a pringar, os do capital a vivir, e a eirexa a meter o fuciño en tódolos lados...