BODORRIOS
Os bodorrios son propios das revistas do corazón; mais hai casamentos que transcenden ese espazo i e necesario comentalos. O fillo mais vello dos Aznar casou, como non podía ser menos, no Escorial; lugar senlleiro con amplo recendo do poder e do franquismo. A voda non foi tan obscena e pomposa coma a da súa irmá, nestes tempos de crise hai que garda-las aparencias. Nada de Xefes de Estado estranxeiros, aínda que toda a plana maior do PP, que non están na cadea. Coa dispensa e as beatas bendicións do sr. Rouco , casaron nunha capela privada. A noiva chegou nun 600, hoxe un extravagante luxo. Ganas de da-la nota. Os dous contraentes chámanse como os pais. Aquí vese o afán dos Aznar en perpetuarse na historia do pais, transcendendo ó tempo. Aínda non se sabe que guerra se planeou no banquete, nin que sinecura se lle reserva a Aznar fillo. O tempo dirá. Decembro tempo de chourizos; a policía non dispersou a perigosa concentración.
1 comentario
Xuño -